mércores, 27 de marzo de 2024

FACTORÍA LECTORA - CLUB DE LECTURA

Este curso retomouse o Club de Lectura, e desta volta animámosnos a solicitar o programa convocado pola Consellería, xa que puidemos contar como coordinadora coa profe Eva, que xa leva un feixe de anos no Equipo de Biblioteca.


Un grupo de entusiastas de quinto e sexto comezaron a xuntarse en Factoría Lectora cada 15 días, no tempo de lecer despois do comedor. Escolleron o título, foron programando a lectura e desenvolveron diversas actividades arredor da escritura e a ilustración.
(Fai clic na imaxe para poder ver unhas poucas máis)

O club tivo moi boa acollida e xa temos en mente novas propostas de cara o curso que vén.

Ningún comentario: