venres, 31 de maio de 2024

VISITOUNOS... ANDREA GARCÍA

Onte tivemos o pracer de contar entre nós coa escritora Andrea García, autora de "Animais Fantásticos de Aldea", título escollido polo noso alumnado para o club de lectura creado este curso.

Ao finalizar a historia, e como peche do club, o xoves 30 de maio puidemos contar coa visita de Andrea para realizar un pequeno encontro co alumnado.

Nun ambiente privilexiado, puideron coñecela e escoitar de primeira man como foi o proceso de creación da historia, tanto a parte literaria como a parte máis artística. Ademais, agasallounos cun pequeno obradoiro de debuxo no que nos ensinou a debuxar algunhas das personaxes que podemos atopar ao longo da historia. E incluso dedicou un anaco de tempo a firmarnos os exemplares con dedicatorias incluídas.

Pola nosa parte, os membros do club decidiron deixar voar a súa imaxinación e sorprender a Andrea cunha escolma de capítulos inéditos continuando a historia, que encadernamos en formato libro.
(Fai clic na imaxe para poder ver unhas poucas máis)

Ningún comentario: