Fai xa quince días que dende a biblioteca saíron unhas cartas moi especiais cuxos destinatarios eran os Consulados de diferentes países con sede en Galicia.
Os rapaces elaboraron estas cartas nas clases na procura da súa colaboración; para confeccionar un quiosco chamado: “AS PRENSAS DO MUNDO”, onde toda a comunidade educativa puidera ver como é a prensa e os noticiarios que existen impresos hoxe en día noutros lugares, os idiomas nos que se escriben, curiosidades do seu formato, cultura...
Foron moitos os que nos escribiron dando resposta a nosa solicitude ou ben chamando por teléfono, pero non nos deron boas novas, xa que nos explicaron que hoxe en día case non lle chega prensa impresa e que a pesar de querer participar e colaborar con nós, non dispoñían de exemplares para enviarnos.
Grazas ao Consulado Honorífico de Grecia, Bélxica, Polonia, Francia... pola vosa colaboración dentro das vosas posibilidades, grazas polo voso tempo e esforzo!
Hoxe, para dar comezo á actividade, fomos abrindo algunhas das cartas que chegaron, e nesta semana abriremos o noso quiosco.
Lémonos,
LEO
Ningún comentario:
Publicar un comentario