| No día de onte tivo lugar en Ourense a entrega de premios aos traballos finalistas, na VI edición do certame de cinema OUFF Escola 2015. Esta convocatoria nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e máis o traballo en equipo nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a formar un espírito crítico. Este certame pretende, ademais, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino, e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. |
Nesta sexta edición do certame participaron un total de 136 proxectos e máis de 2.300 rapaces, mostra dos bos resultados da promoción que procura o fomento da creación audiovisual na infancia e na adolescencia, e que ademais nos ilusiona a grandes e pequenos. Este ano presentamos catro traballos: “Os superpoderes dos alimentos” en Educación Infantil, “Ecoclínica” de primeiro e segundo de primaria, “Da horta ao prato” de terceiro e cuarto de primaria e “Hortoconsellos” dos nenos de quinto e sexto de primaria. | |
Fomos galardoados cun primer premio na categoría de infantil e primaria polo traballo de Educación Infantil “Os superpoderes dos alimentos”. O premio supón unha dotación económica de 600 euros, e sobre todo unha ledicia inmensa que viviron os nosos cativos, e que nos emocionou a todos!
Queremos trasladar a tódolos participantes e aos premiados os nosos parabéns polo traballos realizados, así como agradecer a organización a súa mención.
Parabéns rapaces!
E para os que non vistes a nosa curta… https://vimeo.com/128374250
Lémonos,
LEO.
1 comentario:
Enhorabuena a todos!!!!
Publicar un comentario