O 2 de abril é o Día Internacional de Concienciación sobre o Autismo.
Na nosa escola tivemos este curso o pracer de coñecer ao compañeiro, Seso Durán, do IES “As Barxas” que nos estivo axudando no noso Plan de Formación coa organización e desenvolvemento de proxectos audiovisuais na escola.
Seso e Olga (a súa muller) son pais de Manuel, un neno de 6 anos que ten autismo.
Da súa man ven este vídeo que vos presentamos. Emocionan as imaxes, emociona a música e emocionan as verbas...
Para máis información:
Alto alto como una montaña: https://www.facebook.com/AltoAltoComoUnaMontana?fref=ts
Saúdos, lémonos,
LEO
PD: Seso! Un pracer e unha sorte enorme toparnos contigo. Bicos a Manuel e a Olga.
1 comentario:
Un pracer e unha sorte a miña.
Apertas e bicasos a tutti, tamén de Olga e de Manuel!
Publicar un comentario