Ao redor do libro “Había unha vez una semilla” da escritora Judith Anderson, os nenos de infantil déronlle unha utilidade moi sostible ás botellas de plástico que trouxeran para reciclar por mor do P.D.I. “Enerxía sostible”.
O primeiro era preparar ben aquelas botellas!
Todas ben limpiñas… | …recortamos un rectángulo… |
…uns buratos para colgar… | … e algo de cor! |
Xa temos a nosa maceta-sostible!
Despois do aprendido… xa sabiamos o que tocaba facer.
Primeiro creamos a estructura para unha plantación vertical! | Un pouco de terra… |
Hai que movela… | Unhas pequenas sementes de leituga… |
Cubrimos o sementado… | E para rematar…unhas pingas de auga! |
Xa están todas listas. Agora só queda esperar e por suposto non esquecerse de regar!
Mentres as nosas leitugas medran día a día, nós non lle quitamos ollo e recollemos tódolos datos na nosa versión: “Había unha vez unha semente”.
Aínda son pequechas, pero temos tempo para velas medrar e pronto serán un prato ben saludable nas nosas mesas. Agricultura ecolóxica e sostible!
Lémonos. LEO
Ningún comentario:
Publicar un comentario