Xa comezamos! Onte recibimos a visita dos representantes da editorial OQO, que nos achegaron a selección de títulos proposta para este ano. O concurso é unha iniciativa conxunta da editorial OQO e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e conta coa colaboración da CRTVG. Neste momento o equipo creativo está debatindo que título adaptará este ano. |
O curso pasado foi “A Vella Lulula”, que deixou un moi bo sabor de boca entre o noso alumnado e as familias.
A nosa ilusión está posta en sorprendervos. Agardamos poder facelo!
Un saúdo, lémonos,
LEO
1 comentario:
Desexando saber cal ides a facer este ano. A vella Lulula debería estar nominada ao Goya á mellor curta de animación ;-)
bicosss
Publicar un comentario