O pasado mércores, 30 de xaneiro, conmemoramos na nosa escola o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Unha xornada chea de actividades que deu comezo despois do recreo co “III Rastro Solidario” do CEIP A Lama.
Durante as semanas previas os nosos cativos e os mestres estiveron elaborando unha chea de “artistadas” para poder vender: broches, colgantes, figuras… tentando dar, na medida das nosas posibilidades, un novo uso a materiais que xa deixaran de valer para o seu fin inicial (chapas das latas, CDs vellos, recortes de tea…)
A recadación foi éxito un ano máis! 185 € que doamos á ONG “Bicis pola Paz”, xa que o noso PDI deste ano vai das Enerxías Sostibles (e que medio de transporte máis sostible que a bicicleta…)
Mentres todo o alumnado e profes ían facendo as súas compras, os nenos e nenas de 6º foron lendo uns textos de paz que procuraran en internet.
Xa pola tarde tivemos unha sesión solidaria de contacontos por parte de Anxo Moure, pero isto merécese outra entrada!
Un saúdiño, lémonos,
LEO
(Continuará…)
Ningún comentario:
Publicar un comentario