E o PDI segue en marcha… Desta volta trátase de vos informar dunha actividade na que temos implicada á familia.
Co propósito de completar ao máximo a información recollida sobre as Enerxías Sostibles, e a finalidade de avanzar na adquisición das competencias Lingüística e de Tratamento da Información dos nosos cativos, a biblioteca da escola conta dende hai un tempo cun novo recanto para a prensa: NOTICIAS SOSTIBLES!
Toda esta información estará permanentemente na Biblioteca para poder ser consultada; coma os distintos documentos cos que contabamos ou fomos adquirindo.
“O expositor elaborouse reutilizando cartóns reciclados que viñan nas embalaxes dos mobles para as seccións de aula da Biblioteca” |
Xa sabedes rapaces! Non esquezades lembrar na casa que eles tamén vos poden axudar co PDI…
Un saúdo, lémonos,
LEO
Ningún comentario:
Publicar un comentario