O Proxecto Documental deste ano xira en torno ás Enerxías Sostibles, e no cole xa estamos inmersos nas distintas fases de desenvolvemento.
Unha das iniciativas que implantamos dende que comezamos esta andaina é a de expoñer nun lugar ben visible da biblioteca tódolos fondos e recursos que adquirimos relacionados co tema a investigar.
Trátase dun espazo temático no que os nosos cativos teñen acceso directo aos libros, DVDs, revistas, maquetas, xogos… que lles axudarán a convertirse en verdadeiros “expertos”. Durante o mes de outubro estiveron en exposición, pero agora xa os están a empregar, tanto nas clases como no traballo que fan na biblioteca. O proceso de adquisición non é sinxelo, pois moitas veces os documentos que atopamos sobre a temática non se adaptan ás idades dos nosos alumnos. |
A variedade de soportes e xéneros ten que estar presente, polo que nos podemos atopar cunha narrativa que ten como fío as Enerxías Sostibles, ou un manual, un xogo interactivo para ordenador…
En outra entrada vos amosaremos unha nova iniciativa, que unida a esta nos axudará a comprender mellor o mundo da sostenibilidade.
Vos adianto que se trata dun recanto para recortes de prensa ao que chamamos “Noticias Sostibles”.
Lémonos,
LEO
Ningún comentario:
Publicar un comentario