luns, 17 de decembro de 2012

MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS NAVIDEÑAS

Acabamos de recibir unha información que nos parece moi interesante para que todos gocemos dun Nadal Sostible.

Sogama, ven de publicar un decálogo de propostas: "Manual de Boas Prácticas Navideñas".

manual_de_boas_practicas_gal-1

A cantidade de lixo que xeramos durante o Nadal é tan grande que nos parece axeitadísima esta iniciativa.

Picando na imaxe podes descargarlo en PDF.

Estivemos tentados de imprimilo, pero pensamos que desta volta é mellor a súa difusión electrónica. Non pensades?

Temos que pensar un pouquiño máis nas consecuencias que para o medio ambiente poden ter as nosas accións, e co consumismo desenfrenado que temos nestas datas…

E ao mellor, como proposito para o vindeiro ano, facernos máis responsables e sobre todo que o noso día a día se encha de accións sostibles: reutilizar, apagar luces innecesarias, vixiar os stand by, aproveitar ao máximo os recursos…

A mellor Enerxía Renovable é a que non precisamos empregar! Pero cando sexa necesario, facéndoo con sentidiño, preservaremos a gran riqueza da nosa terra.

Un saudiño, lémonos,

LEO

Ningún comentario: