Os Reis Magos xa andan preto! E din que este ano estiveron estudando galego, porque cada vez lle chegan máis cartas na nosa lingua e non queren ter que pedir axuda aos seus paxes.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través da Rede de Dinamización Lingúística, concertou unha cita coas súas Maxestades. Se todo sae ben, mañá estarán connosco ás 15:00 h. Os nosos pequenos andan inquedos, e as súas cartas xa están preparadas.
Deixámosvos aquí o “Modelo Oficial”, por si o queredes empregar. Facendo clic na imaxe descárgase o PDF.
Un saudiño, lémonos,
LEO
Ningún comentario:
Publicar un comentario