(…si, dicimos ben, 2011)
E por fin chegou o día no que poder gozar cos demais compañeiros premiados do acto de entrega dos galardóns do Concurso Nacional de Boas Prácticas para a Dinamización e Innovación das Bibliotecas dos Centros Escolares 2011!!!
O día comezou ben cedo, xa que o avión para Madrid saía ás 6:50 da mañá dende o aeroporto de Vigo. Destino: a Biblioteca Nacional de España, institución que acollía o acto. A verdade é que, a pesar do tempo transcorrido dende a consecución do premio ate hoxe, a emoción que todos tiñamos non minguou un ápice. Lembraredes que a finais de novembro de 2011 publicabamos unha entrada no blog titulada: “Que boa nova!”, na que dabamos conta do premio obtido… | |
Pois hoxe tocaba recibir o diploma acreditativo…, xuntarse cos demais galardoados…, poder dirixir unhas palabras a tódolos presentes…
E chegou o momento esperado!
Ao seren o colexio que recibira o 1º Premio na categoría A (Centros de educación Infantil, Primaria, Especial e para Adultos), dende a Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial do Ministerio de Educación pedíronsenos unhas palabras en nome de tódolos premiados que participaron xunto con nós.
Velaí os estamos! Os máis de 500 centros que participamos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia!
(A TVG fíxose eco onte no informativo do mediodía)
Unha aperta ben grande e sentida para todos vós!
Lémonos,
LEO
4 comentarios:
Parabéns polo traballo ben feito. É un orgullo pertencer a esta familia bibliotequeira.
Unha grande aperta a Leo.
Paz
Parabéns! Sen tempo non era!! je je
bicos
Guapooooosssss:
Dá gusto que dous profesionais coma vós, representedes as BIBES galegas.
Estamos moi orghullosoooossss.
Parabénsssss.
PARABENSSSSSSS!!!!!!
Da gusto ter profesionais desta categoria na ensinanza; persoas que se entregan aos rapaces e lle ensinan todo e máis, con todo cariño como se fosen unha gran familia.
Gracias por ser como sodes.
Unha aperta grande. Bikos.
NORABOA!!!!!!
Publicar un comentario