martes, 11 de decembro de 2012

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS 2011

(…si, dicimos ben, 2011)

E por fin chegou o día no que poder gozar cos demais compañeiros premiados do acto de entrega dos galardóns do Concurso Nacional de Boas Prácticas para a Dinamización e Innovación das Bibliotecas dos Centros Escolares 2011!!!

_DSC2376

O día comezou ben cedo, xa que o avión para Madrid saía ás 6:50 da mañá dende o aeroporto de Vigo. Destino: a Biblioteca Nacional de España, institución que acollía o acto.

A verdade é que, a pesar do tempo transcorrido dende a consecución do premio ate hoxe, a emoción que todos tiñamos non minguou un ápice.

Lembraredes que a finais de novembro de 2011 publicabamos unha entrada no blog titulada: “Que boa nova!”, na que dabamos conta do premio obtido…

_DSC2368

_DSC2267

Pois hoxe tocaba recibir o diploma acreditativo…, xuntarse cos demais galardoados…, poder dirixir unhas palabras a tódolos presentes…

E chegou o momento esperado!

Ao seren o colexio que recibira o 1º Premio na categoría A (Centros de educación Infantil, Primaria, Especial e para Adultos), dende a Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial do Ministerio de Educación pedíronsenos unhas palabras en nome de tódolos premiados que participaron xunto con nós.

_DSC2296

E iso foi o que tentamos: dar voz aos nosos sentimentos, que pensabamos que coincidían co sentir da maioría dos presentes.

Unha das nosas preocupacións era deixar ben claro o orgullo que sentimos pola Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, e por formar parte dese gran proxecto educativo en común, que a pesares dos problemas que poidan ir xurdindo, será sempre o piar da innovación educativa no noso país.

_DSC2329 _DSC2306

cd7e45435a7ab7e0cdb79b2199ee4de9

Velaí os estamos! Os máis de 500 centros que participamos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia!

(A TVG fíxose eco onte no informativo do mediodía)

http://www.crtvg.es/informativos/educacion-premia-seis-bibliotecas-escolares-galegas-por-innovadoras-483778

Unha  aperta ben grande e sentida para todos vós!

Lémonos,

LEO

4 comentarios:

Paz Pereiro dixo...

Parabéns polo traballo ben feito. É un orgullo pertencer a esta familia bibliotequeira.
Unha grande aperta a Leo.
Paz

Belenjunquera dixo...

Parabéns! Sen tempo non era!! je je
bicos

Dept.Biblioteca dixo...

Guapooooosssss:
Dá gusto que dous profesionais coma vós, representedes as BIBES galegas.
Estamos moi orghullosoooossss.
Parabénsssss.

María José dixo...

PARABENSSSSSSS!!!!!!
Da gusto ter profesionais desta categoria na ensinanza; persoas que se entregan aos rapaces e lle ensinan todo e máis, con todo cariño como se fosen unha gran familia.
Gracias por ser como sodes.
Unha aperta grande. Bikos.
NORABOA!!!!!!