Non sei se vos lembrades que tempo atrás, por mor do Día das Bibliotecas Escolares, os nosos cativos convertéronse en escritores de poesías. As súas creacións xa van chegando pouco a pouco ao equipo de redacción deste blogue.
Hoxe, os nenos de 6º de Infantil serán os protagonistas, xa que se converteron en trobadores por un día. Tiñan que explicarnos “Que é unha biblioteca para ti?” e... tras a tea estaban eles recitando os seus versos!
Que é unha biblioteca? e do que imos a falar así que estade ben atentos que isto vai comezar! O meu avó sempre dixo que a mellor maneira de viaxar é un libro non precisas dun avión na biblioteca hai libros a montóns. Dende un rato detective ata un superheroe invencible canto máis leo máis aprendo e o mundo mellor entendo. Teatro, contacontos ou exposicións nunha biblioteca hai moita acción só teremos que estar caladiños cos ollos abertos e ben sentadiños. As películas divertidas podo ver non me quitan as ganas de ler, que grande se ve todo síntome coma se fose un piollo! Para poder escoitar música non hai que ir á discoteca pon os cascos nas orellas e goza na audioteca! Os xogos do ordenador son do mellor pero só os podemos coller unha vez ao mes. Tamén hai un recanto para crear con pinturas, papeis e moito máis, anímate e comeza a debuxar nun gran artista te converterás.
| E se as nosas obras queres coñecer as producións propias podes ver colgadas en ganchos na parede están agardando a que as admiredes. E as mochilas viaxeiras que grandes compañeiras pasan connosco unha semana enteira. Así podemos gozar de lecturas en familia con papá e mamá e cando ao cole deben regresar o caderno de bitácora poderás amosar. E se queres estar ao día ó Recanto de Leo vai de visita só con prender o ordenador terás un montón de información. Buscade, buscade e a ver que atopades hai fotos a montóns adiviñades de quen son? E non podedes esquecer que a columna do PDI tes que ver chea de libros, pelis e ata xogos nela atopamos respostas para todo. Este curso toca estudar enerxías sostibles e como aforrar, parece un tema complexo verás ao final canto aprendemos.
Alumnos de 6º de infantil |
| |
Non vos preocupedes que o temos todo gravado en video… pronto o veredes!
Lémonos. LEO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario