Ola de novo a todos!
Co traballo que temos este curso por mor das novidades das que vos iremos dando conta, temos este “Recanto” un pouco deixado da man…
Non pensedes que a actividade non segue na nosa Biblioteca. Todo o contrario!
A mención máis especial é para os nosos novos lectores. As nenas e nenos de 3 anos que comezan a súa andaina con nós, e que por primeira vez se achegaron a este novo universo que se lles abre.
Velaí van unhas fotiños.
Un saúdo, lémonos,
LEO
1 comentario:
Vendo algunhas caras, está claro quen o pasa realmente ben no cole, os mestres!!!! jajajajaja
parabéns!
bicos
Publicar un comentario