O pasado 6 maio, o blog O Outeiro de Matilda, do CEIP “Outeiro das Penas”, en Cesantes (Redondela), deixounos un bonito agasallo, en forma de premio. A comunicación apareceu (como mandan as “normas”) nos comentarios da entrada que estaba de primeira naquel momento no blog, incluíndo un enlace á entrada publicada por eles na que escollían os seus blogs gañadores.
Velaí van os nosos galardoados:
“As zocas faladoras”, blog da Biblioteca do IES de Poio
“Lecturo Literaturo”, blog da Biblioteca do CPI de Progreso, de Catoira
“Biblio Ribeira”, blog do IES Ribeira do Louro, de O Porriño
“Casa de tol@s”, blog de Belén Junquera, mestra abducida polas TICs
“Primeiro Ciclo”, blog do Primeiro Ciclo do CPI Mosteiro, de Meis
Agora queda na vosa man que escollades outros cinco blogs e os agasalledes tamén.
Recibide unha especial aperta dos vosos amigos do CEIP “A Lama”.
Un saúdo, lémonos,
LEO
4 comentarios:
Unha honra recibir este premio da vosa man.
Parabéns por todo o bo traballo que estades a facer.
Un orgullo tervos como amigos!!!
Bicossss
Síntome encantada con este galardón, sendo humilde é marabilloso.
Graciñas
Moitas grazas polo premio... é unha honra vindo do voso blog!
Seguide así!!!
Gracias por este agasallo dos corazóns amigos.
Unha aperta,
Paz
Publicar un comentario