domingo, 20 de maio de 2012

UN AGASALLO…

O pasado 6 maio, o blog O Outeiro de Matilda, do CEIP “Outeiro das Penas”, en Cesantes (Redondela), deixounos un bonito agasallo, en forma de premio. A comunicación apareceu (como mandan as “normas”) nos comentarios da entrada que estaba de primeira naquel momento no blog, incluíndo un enlace á entrada publicada por eles na que escollían os seus blogs gañadores.

liebster-blog1

Velaí van os nosos galardoados:

As zocas faladoras”, blog da Biblioteca do IES de Poio

Lecturo Literaturo”, blog da Biblioteca do CPI de Progreso, de Catoira

Biblio Ribeira”, blog do IES Ribeira do Louro, de O Porriño

Casa de tol@s”, blog de Belén Junquera, mestra abducida polas TICs

Primeiro Ciclo”, blog do Primeiro Ciclo do CPI Mosteiro, de Meis

 

Agora queda na vosa man que escollades outros cinco blogs e os agasalledes tamén.

Recibide unha especial aperta dos vosos amigos do CEIP “A Lama”.

Un saúdo, lémonos,

LEO

4 comentarios:

Belenjunquera dixo...

Unha honra recibir este premio da vosa man.
Parabéns por todo o bo traballo que estades a facer.
Un orgullo tervos como amigos!!!
Bicossss

Dept.Biblioteca dixo...

Síntome encantada con este galardón, sendo humilde é marabilloso.
Graciñas

primeirociclocpimosteiro dixo...

Moitas grazas polo premio... é unha honra vindo do voso blog!
Seguide así!!!

Paz Pereiro dixo...

Gracias por este agasallo dos corazóns amigos.
Unha aperta,
Paz