Ola nenos!
Co traballo destes días case non nos deu tempo de rematar de contar o que aconteceu o Día do Libro.
Aquí vos deixo unhas fotos das actividades que tivemos pola tarde na biblioteca.
A tarde comezou coa interpretación dos nenos de 2º da adaptación para Kamishibai que fixeron do libro “La rosa de San Jorge” de Roser Cardevila.
Como xa ven sendo tradicional “Cambiocho por un conto” foi o prato forte. Este ano, practicamente tódolos alumnos do centro trouxeron a súa creación literaria para trocala por un agasallo.
Andade atentos que a continuación comezaremos coas entregas das presentación do PDI “Os Bosques”, e coa cantidade de cousas bonitas que fixeron os nosos alumnos ben seguro que non nos chegarán nin dúas, nin tres entradas…
Un saúdo, lémonos,
LEO
Ningún comentario:
Publicar un comentario