Recordades que os cativos de infantil andaban a traballar ao redor dos alimentos e que “atoparon” como por arte de maxia o libro “Que tal vexetal?” e partindo del e coa axuda das familias prepararon unha xornada moi especial.
Uns días antes, os cativos de 4 e 5 anos levaron para a casa unha notiña na que lles pedía unha froita ou vexetal e uns datos que terían que atopar coa axuda da familia; a época do ano na que se daba, para que era boa e o nome da planta que a producía.
Cando xa todos os nenos trouxeran o que precisábamos... subiron á biblioteca!
Comezaron coa lectura do conto, coa axuda das mestras!
Logo había que ver o que trouxeran da casa e saber para que era todo iso. Pouco a pouco fomos observando, probando, ulindo, lendo a información... toda aquela explosión de cores!
O día ía rematando pero... agardaba unha sorpresa! As froitas e verduras tomaron vida, si, si... mirade!
Así se fai rapaces! Estou seguro que foi unha boa forma de aprender moitas cousas.
Lémonos. LEO.
1 comentario:
Muy original la idea y preciosas las fotos de los niños. No os conocía el blog pero ahora, de vez en cuando, os haré alguna visita.
Un saludo
Patricia
Biblioteca Pino Manso/ O Porriño
Publicar un comentario