O 8 de marzo festexamos no centro o Día da Muller Traballadora: reflexións, debuxos, coloquios… para os maiores, e para os nenos de infantil e 1º ciclo unha tarde ben distinta, como non na biblioteca!
Os cativos de 3 anos retáronnos a ver se adiviñabamos os oficios deixándonos ben clariño que tanto son para homes coma para mulleres.
Seguiron os de 5º de Infantil que aprenderon poemiñas que comezaban por: “Se a miña nai fora…”
E un pouquiño de música que non falte! Os alumnos de 6º de Infantil chegaron a ritmo de rap para amosar a súa forma de ver un mundo baixo a igualdade.
Quedaban por actuar os nenos de 1º ciclo que representaron unha obra á que titularon “Que fai mamá antes de durmir?”
Ben cousiñas aprendín!
Lémonos. LEO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario