Son os vosos traballos, as vosas impresións, a vosas “cousiñas”… ao redor das Mochilas Viaxeira!
Ben feito!
Lémonos. LEO.
Son os vosos traballos, as vosas impresións, a vosas “cousiñas”… ao redor das Mochilas Viaxeira!
Ben feito!
Lémonos. LEO.
A biblioteca non é un espazo para comer pero si onde aprender cómo facelo.
A Consellería propuxo una actividade ben proveitosa para todo o alumnado; Almorzos saudables!
Durante a semana pasada, grandes e pequenos, almorzaron no cole e recibiron charlas a cerca desta importante comida do día.
Ummm… que rico!
Logo os pícaros de infantil e os de 1º ciclo compartiron unha “Hora de Ler” moi especial, xa que se xuntaron na biblioteca a escoitar un conto que lles fixo pensar sobre a importancia dunha alimentación saudable e uns bos hábitos de hixiene antes e despois de cada comida.
Unha aperta!
Lémonos. LEO.
Aquí vos deixo os vosos traballiños da Mochila Viaxeira desta semana!
Xa sabes… lémonos!
LEO
O Día da Paz, como xa vos contamos, foi una data especial no noso cole, e por elo tivemos diferentes actividades. Pero hoxe vouvos amosar o que fixemos a semana anterior nos diferentes ciclos.
Os cativos de Infantil elaboraron durante toda a semana un libriño ao que titularon “Xogando coa Paz”, onde a través de pasatempos, aprenderon como poden facer eles a Paz.
Uniron os seu traballos aos nenos de 1º ciclo e xuntos elaboraron este mural; unha árbore (xa que estamos co PDI “Os bosque”) cheíña de importantes mensaxes.
En 2º e 3º ciclo colocaron pombas con lemas pacifistas nas ramas dunha árbore.
Nestas galerías podedes ver máis traballos elaborados polos nosos nenos.
Agardo que vos gusten.
Un saudiño, lémonos,
LEO
Como non puidemos ir todos… aquí vos deixo un bo resumo de cómo lles foi aos nosos compañeiros de 3º, 4º e 5º de Primaria, que saíron a ver aos Gaiteiros da Xistra en Pontevedra.
Historias feitas música!
Lémonos. LEO.
Volvín a reunirme cos mestres do cole na biblioteca!
Desta vez retomamos un tema ao que lle tiñamos moitas gañas: os itinerarios lectores.
Saíron grandes ideas e sobre todo moitas gañas de ler!
Lémonos. LEO
Xa vedes que nunca fallan as Mochilas Viaxeiras nin tampouco os vosos Cadernos de Bitácora!
Lémonos. LEO.