O pasado venres 27, festexamos (cun pouco de adianto) o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.
Logo de ir traballándoo nas aulas pola semana, puidemos gozar dunha tarde de actuacións e xestos en prol da Paz e a Solidariedade.
Comezamos cunha obra teatral interpretada polos nenos de 5º de primaria; no 1º ciclo prepararon poesías e ladaíñas que nos recitaron; os nenos de 4º amosáronnos o seu xeito de facer a Paz; por último os maiores do cole, xunto con todos os demais, contaron a canción “Imagine” de John Lennon.
Seguindo coa tradición, montamos o noso particular Rastro Solidario, que xa vai pola súa segunda edición.
Este ano foi aínda máis espectacular se cabe, xa que había moitas máis cousas que mercar e as familias implicáronse coma nunca. Grazas ao esforzo de todos recadamos a cantidade de 204 € que decidimos doar á Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas, unha entidade con sede en Ribadavia que está a traballar pola recuperación dos nosos bosques.
Quedades convidados a ver que é o que fan na súa web: |
Un saúdo, lémonos,
LEO
1 comentario:
moi ben nenos hai que aprender a ser solidarios e moi ben os que fixestes vos mesmos os traballos
Publicar un comentario