Para continuar cos festexos, o día 21 de decembro tivemos unha xornada de portas abertas á que convidadamos ás familias e a tódolas persoas que o desexaran.
Os profes estiveron encantados de recibir a tantas nais, pais, avós e avoas e incluso antiguas e futuras alumnas.
Explicáronlles en que consistía o premio, respostaron a moitas preguntas e proxectáronlles o video Bibliotecas Escolares en Tránsito que elaborou a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería para o congreso celebrado en Santiago.
Era a primeira visita á Bibioteca do cole para a maioría, e quedaron encantados.
A xuntanza rematou cun café e un chocolate quentiños.
Agardo que quedaran satisfeitos do traballo realizado e sobre todo da aportación dos seus pequenos á consecución do galardón.
Un saúdo, lémonos,
LEO
1 comentario:
A excursión ao cine foi xenial. Os peques estaban flipando e quedábanlles super ben as gafas 3D. A peli foi moi divertida e navideña.
QUE BEN O PASAMOS¡
Publicar un comentario