luns, 12 de decembro de 2011

A HORA DE LER… TAMÉN COA FAMILIA!

Tódolos días, ás 12:50, soa o timbre para dar comezo aos 20 minutos de lectura, é dicir, á Hora de ler!

Hoxe quero amosarvos unha nova iniciativa que están a realizar en 1º ciclo de Educación Primaria. Unha proposta para dinamizar este momento lector, entre moitas outras que se están a facer no cole.

Coa colaboración das familias, de cando en vez, os nenos de 1º e 2º gozan escoitando a un “papi” ou “mami” lendo para eles.

_DSC3167

Quedan abraiados vendo como algo que semellaba ser só “unha cousa do cole” é algo máis que iso, e que… preparar unha lectura en familia é unha experiencia inesquecible para eles, unha experiencia única que non deixaremos de repetir!

_DSC3163

_DSC3165_DSC3171

 

 

 

 

 

 

 

 

Pronto virá outra familia a compartir con nós… a Hora de Ler!

Lémonos. LEO.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Pareceme algo moi interesante e unha maneira de compartir cole cos nenos algo raro para moitos pais que pensan que o cole e so cousa de nenos

Pilar Hermida dixo...

Qué idea máis FANTÁSTICA!!!
Aínda que eu non son "familia" espero ir un día a compartir de novo ese bo rato con todos vós.
Un bico,
Teacher Pilar