venres, 23 de setembro de 2011

MANERAS DE LEER

Ola mozos!

Téñovos que contar que esta semana mandei á profe Cris e ao profe Rafa a Madrid para que asistiran no meu nome ao “Encontro de Buenas Prácticas Lectoras - Maneras de Leer”, que organizaban os Ministerios de Educación e Cultura.

_DSC1274

Polo que falei con eles, quedaron moi contentos, porque puideron aprender moitas cousas que vos ensinar na Biblioteca, e contactar con outros profes de outras comunidades autónomas.

DSC_0023Velaí están coa profe Anxos (IES de POIO) e Pilar e Cristina (Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia).

Queren que lles mande unha aperta moi grande a toda a xente que coñeceron e un agradecemento especial á organización do congreso.

_DSC1266 copia

A xente do “Proxecto Fahrenheit 451” fixo unha “performance” durante un dos descansos, e “Rapsodas en el Barrio” da Asociación Cultural Funkameba ambientou outro dos momentos coa súa música Hip-Hop na que empregaban letras de grandes poetas españois.

_DSC1264 copia  _DSC1263 copia

_DSC1273  _DSC1228 copia

Lectura en pantalla, Taller de Kamishibai, Bibioinstante, Leer Juntos, Disfraza la Pizarra Digital, Es tiempo de Leer, Callejeros Literarios, ZECOBIT… son algunhas das ponencias que puideron seguir durante as dúas xornadas que durou o encontro.

_DSC1233 copia  _DSC1240 copia 

Espero que viñeran coas pilas ben cargadas para comezar o curso ben forte dende a Biblioteca.

Un saúdo, lémonos,

LEO

www.leer.es

1 comentario:

Dept.Biblioteca dixo...

Xa vexo que sodes moi adiantados, buscando o voso enderezo para engadir un enlace do voso traballo no meu blog atopo a vosa entrada. Parabéns.
Asmiñas fotos non serán tan boas coma as de Rafa.
Anxoschenes