Creo que non queda ninguén no noso cole que non coñeza a Paco Papán, o protagonista dun conto da editorial OQO, que leva por título o nome deste neno.
A andaina dos rapaces de 5º de Infantil ao redor deste contiño comezou o curso pasado, cando só tiñan 3 anos.
Un día, a mestra, como por arte de maxia, “atopou” este conto no recanto da asemblea, e claro, como bos lectores, non dubidaron en lelo. A historia enganchounos enseguida e axudounos a entender iso tan alleo para eles, como eran os días da semana.
Paco, que falaba ás veces coa mestra, díxolle que se todos aprendían os sete días da semana, amosaríalles unha cantiga ben divertida. E cando o conseguiron chegou á clase este vídeo.
O conto era un dos preferidos da clase, pero non era o único, e quedou un pouco na lembranza de todos.
Neste curso, xa máis maiores, con motivo do Día da Libro, a clase dixo: “e se traballamos con Paco Papán?”. Ese día facer o vestiario, o atrezzo, as maquillases… foi un xogo ben divertido, xa que todo o que empregaron foron cousas que atoparon na aula e polo cole! Unha maneira única de “reler” e de aprender cousas novas dunha mesma historia, xa que desta vez traballaron máis as profesións que aparecen, o número de personaxes, os tempos da narración… e mesmo debuxaron cada un a súa personaxe e recolleron as características máis significativas.
Como non podía ser doutra forma, a guinda deste traballo foi o festival, xa que decidiron que esa era a actuación que querían facer. Despois dos ensaios e dun duro traballo de costura este foi o resultado:
Resultou un traballo moi completo no que tanto os nenos coma os mestres aprendemos moito… mesmo hai algún que está sendo absorbido pola súa personaxe, non sí Paco?
Unha aperta. Lémonos!
LEO
Ningún comentario:
Publicar un comentario