Os profes e máis eu andamos estes días enfrascados facendo balance do curso: que si memoria do PLAMBE, que si Revista Escolar…
E mira ti, o de revisar tantas fotos deunos para facer outro vídeo.
Velaí tendes un resumo de todo o que traballastes na Biblioteca este ano. Que gozada!
Un saudiño. Lémonos.
LEO
1 comentario:
Estiveron moi ben todos os proxectos da biblioteca pero o que máis me gustou foi o do "Día do Libro". Gustoume moito ese día, sobre todo cando saímos ao patio dos maiores e os de 5º e 6º nos contaron uns contos. Espero que para o ano este día tan divertido se repita, pero con nós xa en 5º! (Inma de 4º)
Publicar un comentario