A Xunta pon en marcha a campaña “O sabor da aventura está no mar”, a través da cal, 19.000 nenos e nenas consumirán peixe galego fresco. A iniciativa arrancou o 13 de outubro pero a nós chegounos o pasado xoves.
A Consellería do Mar pretende proporcionar coñecementos sobre o mundo do peixe aos nenos e transmitirlles a importancia da presenza do peixe e do marisco na dieta, incidindo nas súas achegas nutritivas. Isto fanno dun xeito lúdico e formativo, a través de dúas liñas de acción, un obradoiro dunha hora de duración por cada grupo de idade e o cátering semanal de pratos preparados a base de peixe galego fresco.
O obradoiro inclúe un breve conto no que os protagonistas, os 7 rapaces que vedes nesta imaxe, teñen cada un un súper-poder vencellado a cada unha das vitaminas das especies que se van repartir nos centros escolares.
Invítovos a visitar a súa páxina web a todos, xa que ten un montón de receitas ricas, conselliños para as familias, concursos para os nenos, xogos… todo o preciso para que os cativos coman máis e mellor peixe:
http://www.osabordaaventuraestanomar.com/index.php
Aquí vos deixo algunhas imáxenes do ben que o pasamos ese día.
Ummm… que rico! Creo que xa sei que comerei hoxe!
Lémonos. LEO
1 comentario:
E MOINIPORTANTE FACER ASCOUXAS VENA
Publicar un comentario