Chega o momento de que os nenos de 3º e 4º de primaria amosen o seu traballo!
Eles investigaron: “O CICLO DA AUGA”
Despois dun traballo de recompilación da información, procederon a transformala en coñecementos á vez que realizaban entre todos un gran mural.
Para amosarnos o aprendido realizaron diferentes contos, e descubríronnos algunhas das páxinas web coas que traballaron.
Ben orgullosos teñen que estar de todo o que fixeron e o que aprenderon!
Lémonos. LEO
1 comentario:
Os de 2º ciclo traballamos moito para facer esta presentación.
Costounos bastante, pero ao final conseguímolo, e ademais divertímonos moito.
Eu creo que nos quedou bastante ben.
Agora as profes convertírono nun mural que está colgado no noso corredor. Son dúas flores con imaxes e unha historia dunha gota moi divertida.
Publicar un comentario