domingo, 10 de abril de 2011

VISITA Á PISCIFACTORÍA DE CARBALLEDO

O pasado mércores tivemos unha xornada un tanto especial. Dentro do Proxecto Voz Natura, o cole organizou xunto con Antonio (o “noso” garda forestal) unha visita á piscifactoría de Carballedo (dependente da Xunta de Galicia), onde se crían as troitas, reos e salmóns, que logo repoboarán os ríos Ulla, Lérez e Miño.

Alí recibiunos Víctor, que é o encargado destas instalacións, e que nos explicou en que consiste o seu traballo, a importancia que ten para a recuperación dos nosos ríos, e algunha que outra curiosidade máis…

_DSC8185

Antes de entrar contounos fóra que alí veríamos os peixes dende que están no ovo, ate que xa teñen un tamaño axeitado para a súa solta no río.

_DSC8186      _DSC8187

A explicación comezaba na sala da incubadora, onde están preto de un millón de ovos de salmón, troita e reo, madurando para se converter en alevíns.

_DSC8201      _DSC8216

Os ovos son moi delicados, por iso os moven cunha pluma. Xa vos podedes imaxinar cantos hai en cada bandexa.

_DSC8189      _DSC8196

Cando os ovos se convirten en alevíns, pasan a estes outros recipientes para continuar medrando.

_DSC8215

Nas instalacións de fóra puidemos ver as femias reprodutoras. A máis grande, de salmón, pesa arredor dos 9 kilos. Aquí está Ali contemplando eses fermosos exemplares. Na foto non os podemos ver por mor dos refrexos, pero vos aseguro que eran espectaculares.

_DSC8213

Agradecemos a Antonio e a Víctor a súa colaboración.

Un saudiño, lémonos,

LEO

Ningún comentario: