Moitos xa vos destes conta de un novo recanto que temos na nosa biblioteca dende hai unhas semanas. Trátase da Audioteca, un espazo pensado para facer as delicias dos vosos oídos.
A música, como código universal, é para tódalas idades, polo que vos daredes conta de que os documentos non se distinguen por idades recomendables, se non que será o propio gusto individual o que vos poña os límites.
Atoparedes dous reprodutores, os cascos para a escoita e uns “puffs” que están a ser a gran novidade para pequenos e maiores.
Un recanto que invita a facer da música e dos contos sonoros, unha ferramenta máis de achegamento á cultura.
Xa vistes que antes de empregar este espazo tedes que votarlle un ollo ás normas de uso.
Sodes moitos os que estades a aproveitar no tempo de biblioteca para achegarvos á música, pero non esquezades que estes documentos tamén son para o seu empréstito!
Lémonos… e oímonos!
LEO
2 comentarios:
Gústame moito a idea da audioteca,
así podes escoitar a música que che gusta na biblio. É moi divertido.
A min gústame moito a audioteca.Ten moitos discos e uns puf moi cómodos para sentarte cando escoitas música.
Publicar un comentario