xoves, 7 de abril de 2011

O MÁIS IMPORTANTE QUE DEBES SABER CANDO ES VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA É…

Aischa leva dous anos como voluntaria da Biblioteca. Queremos que nos conte en que consiste isto de ser voluntario. Velaí vai a súa autoentrevista.

_DSC8339

Os voluntarios da biblioteca deben saber como ordenar os libros nos andeis, asistir cando che toque, facer gardar silencio e ter coidado de que ninguén colla un libro sen rexistralo no ordenador.

-Que hai na biblioteca?

Na biblioteca hai moitísimas cousas e todas hai que coidalas:

a) Os ordenadores só se poden usar para buscar información de algo ou para entrar no “Recanto de Leo”. Nunca poderemos usalos para acceder a redes sociais (Tuenti, Facebook…), nin para “chatear”. Hai que pedirlle permiso a un voluntario para usalos.

b) A audioteca está para escoitar música. Non se pode estar tirando dos cables e hai que ir de un en un. Temos dous postos.

c) Os libros hai que coidalos moito. Os voluntarios temos que mirar que os nenos coiden os libros da biblioteca; se collen un, que o volvan a poñer no seu sitio e que os escollan da súa idade.

d) As actividades que facemos na biblioteca:

- Cando ven un mago, un contacontos... ou se temos unha charla na biblioteca, os voluntarios teñen que ir antes para colocar as cadeiras, avisar nas outras clases cando poden subir, e acomodalos.

- O Recanto de Leo está para que os nenos poidan ver fotos da escola, para que escoiten contos, para acceder a xogos educativos… pero os voluntarios tamén facemos cousas para este blog. Agora estamos preparando un conto para que despois os nenos poidan escoitalo. Estámolo gravando nos recreos de comedor. Gústame moito, pois parecemos actores profesionais.

- O caderno de rexistro dos voluntarios: todos os voluntarios temos que vir un día da semana á biblioteca, para as nosas tarefas, e se vimos o día que nos toca podemos firmar no caderno de rexistro. Cando completamos dúas páxinas enteiras por diante e por detrás, dannos un regalo.

- Os mércores pola tarde temos que vir á biblioteca para preparar contos, ordenar libros ou facer algunha outra actividade.

Os meus compañeiros vos seguirán contando en outras entradas máis cousas sobre o noso labor.

Un saudiño a todos,

AISCHA

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Me gustó mucho orejitas y la tortuga.

Adriana

Anónimo dixo...

Bonita entrevista Aischa!!!
Asi que iso é o que ai que facer cando es voluntario dunha biblioteca tan chula como a vosa!

CARLA