Como ben sabedes todos, o día 23 de abril festexamos o Día do Libro. Este ano nos colle de vacacións, polo que no cole decidimos adiantar a data para o venres 15, e ter unha despedida do trimestre con un día completo de actividades arredor do libro.
Como temos bastantes cousas que amosar, ímolas ir contando pouco a pouco, pero vos adianto os tres momentos máis destacados:
- Obradoiros nas aulas. Organizados por ciclos ou por titorías dedicamos as primeiras sesións do día a traballar, con distintas dinámicas, un conto escollido polos nosos mestres.
- Cóntoche un conto? Despois do recreo, algúns voluntarios da biblioteca e tres compañeiros de sexto, repartíronse polo patio para contarnos uns contos que prepararan durante a semana.
- Cámbiocho por un conto! Pola tarde repetimos a experiencia do ano pasado e nos xuntamos na bibioteca para que todos os que trouxeran unha pequena creación literaria a puidesen cambiar por un agasallo.
Aí vos deixo unhas fotiños dos obradoiros.
Espero que vos gusten.
Un saudiño, lémonos,
LEO
Ningún comentario:
Publicar un comentario