xoves, 17 de marzo de 2011

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO EN EDUCACIÓN INFANTIL (6º PARTE)

Gotiña volveu de novo xunto os máis pequenos para que seguiran aprendendo a cerca da auga e os seus estados.

Como xa vos contei, todo comeza na nosa biblioteca onde vimos un agasallo en forma de presentación que nos deixou a nosa amiga.

Seguindo as súas indicacións, fomos a ver como quedara o xeo que fixeramos na anterior sesión de experimentos. A auga estaba conxelada coas nosas larpeiradas! ummm… que ricas estaban!

Probamos o xeo

1º Quitamos os recipientes do conxelador e observamos como o xeo colleu as diferentes formas, aínda que as cores case desapareceran!

_DSC6547

2º Puidemos tocar o fríos xeos, quedaban pegados nas mans!

_DSC6552

3º A mellor parte de todas… probamos as larpeiradas, e aínda que estaban algo duras non quedou nin unha!

_DSC6556

_DSC6557

_DSC6554

Logo, un pouco arrefriados polo xeo, comezamos a experimentar coa auga en estado gasoso:

Frío, morno ou quente?

1º As nosas mestras trouxeron a aula cuncas con diferentes temperaturas e puidemos, con moito ollo, tocar e experimentar as diferenzas. Pronto nos demos contas que o vapor de auga só saía da cunca máis quentiña!

_DSC6575

Facemos gotiñas co vapor

1º Tapando as cuncas máis quentes cun acetato incoloro, vimos claramente como a condensación do vapor formaba pequenas marcas. Ao arrefriar, como por arte de maxia, volvían ao seu estado líquido con forma de gotiñas.

_DSC6560

Creamos nubes!

1º Precisamos un espello, e como non, unhas cuncas con auga ben quente.

_DSC6562

2º Tapamos as cuncas co espello ata que contamos ata 10 e… conseguimos “nubes redondas”.

_DSC6564

3º Xogamos a facer con elas diferentes formas, pero tiñamos que debuxar rápido antes de que desapareceran.

_DSC6565 

_DSC6566

_DSC6570

_DSC6572

4º Ao final, cunha gran cantidade de cuncas fixemos unha gran nube.

_DSC6579

Aínda nos quedou un ratiño para comezar a facer o mural dos estados da auga!

Ata o próximos mércores que veremos algo máis.

Lémonos. LEO.

Ningún comentario: