O pasado venres, 28 de xaneiro tivemos unha conmemoración moi especial. Adiantamos o Día Escolar pola Paz e a non Violencia xa que este ano o día 30 de xaneiro caía en domingo.
Quen sabe por que se dedica este día á Paz? Pois para lembrar o pasamento de Gandhi, que foi un activista indio pola paz e os dereitos humanos.
Durante a semana estivemos traballando con esta canción do cantautor madrileño Luís Guitarra en clase de música. A ver si vos gusta.
Tamén foi o fío musical do acto que tivemos na tarde do venres.
Coma este ano estamos desenvolvendo un proxecto sobre a auga, os profes nos axudaron a organizar un rastro solidario coas nosas creacións artesanais. Os cartos ímosllos entregar a unha ONG que leva a cabo proxectos para que en países do terceiro mundo poidan ter auga potable .
Velaí vos van unhas cantas fotos.
Esperamos que vos gustaran os nosos traballos.
Lémonos. LEO
1 comentario:
Gustoume moito o día da Paz e a Non Violencia,sobre todo o Rastro Solidario,e nos tamén fixemos un acto.
Publicar un comentario