A maxia tamén ten cabida na nosa Biblioteca, e onte quedou demostrado coa actividade Abrapalabra, o espectáculo no que o ilusionista Carlos Coira mostrou os seus trucos aos rapaces, para facelos gozar coa maxia das palabras.
Menuda sorpresa que levaron algúns…
Esta actividade forma parte dunha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística coa que se busca promover o uso e a lectura na lingua galega entre os nenos de 3 a 18 anos. Achegáronse a ela a través de monicreques, globos máxicos, música, palabras, abanos, caixas tolas, contos encantados…
Ademais de gozar de case unha hora de diversión, todos levamos de agasallo un conto, que coma non podía ser doutra forma, era máxico, xa que… cantos libros coñecedes que se manteñan sós de pé?
Dende logo, este é un lúdico xeito de gozar das palabras e… aprender os mellores trucos de maxia!
Ao final quedamos todos coa “Bocaberta”.
Aínda que non foi o único…
Deica pronto!
Lémonos. LEO
2 comentarios:
Gústoume moito a obra de Abrapalabra.Foi moi divertida!E ademais deronnos un libro explicandonos trucos de maxia.
Ese dia divertinme moito.Paesino moi ben vendo como o mago facia maxia de verdade.
Publicar un comentario