domingo, 14 de novembro de 2010

FESTEXAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO (1ª Parte)

Onte tivemos un día moi especial no cole, pois os mestres nos organizaron as festas do Magosto e o Samaín. (Como hai moitas fotos imos dividilas en dúas entradas)

Pola mañá, os nenos de 5º e 6º actuaron para nós, xusto antes de que se coñeceran os gañadores dos concursos de “Cabazas” e “Cestas de Outono”.

_DSC4176_DSC4197

As gañadoras do concurso de cestas foron:

1º Alba de Cuarto de Primaria

2º Vanessa, de Cuarto de Primaria

3º Rosa, de Cuarto de Infantil

_DSC4244

Os gañadores do concurso de cabazas foron:

1º Iago, de Segundo de Primaria

2º Marcela, de Terceiro de Primaria

3º Andrea, de Terceiro de Primaria

_DSC4242

A continuación vos deixo unha galería cos “diplomados” e algunha foto máis das actuacións.

Un saudiño lector a todos. Quedades convidados á seguinte entrada.

Lémonos,

LEO

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Que ben o pasei no magosto e no samaín,estaba moi boa a poción da intelixencia que fixeron os de 6º curso,con gominolas,fanta de laranxa...E despois¡a comer castañas!Os nosos cucuruchos eran chulisimos!!

Anónimo dixo...

As cabazas eran moi bonitas e as cestas tamen.

Anónimo dixo...

A festa do samaín foi moi chula,e as castañas eran moi ricas!!Eu participei no concurso de cestas,e non gañei pero o importante é participar!!