xoves, 7 de outubro de 2010

NÓS NON SÓ LEMOS LIBROS… FACEMOS LIBROS!

Ídesme notar ben orgulloso dos nenos do cole nesta nova que vos quero achegar.

Xa vai un tempo, case 3 anos, que se achegou ao cole o escritor Carlos Rodríguez Dacal e propúxonos a aventura de escribir e crear ao redor do “Carballo de O Pelete”. Aínda que xa sei que esta árbore é moi coñecida, dicirvos que se trata dunha árbore senlleira de A Lama que dende xeracións pasadas alimenta lendas e festas que se chegaron ata os nosos días.

img003

Os nenos fixérono tan ben e esforzáronse tanto que ao final Carlos non foi quen de elixir e tódolos traballos foron publicados!

img004img005

Ademais temos grandes poetas e poetisas no cole!

Participamos no concurso “Érase un día unha poesía”. As poesías de Moisés Rodríguez, María Bruña, Nerea Francisco e Ainoa Casal, foron as elixidas!

img001

Non deixedes de lelas, son moi divertidas! Tamén tedes o libro na Biblioteca!

img002

img002b

Parabéns a todos!

Lémonos!

LEO

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Que sorte teñen ass da miña clase que lle salen as suas poesías!

Anónimo dixo...

Estou moi contenta,porque no libro sale a miña poesia "Mi perro pericles"