Agora vos deixo unhas pouquiñas fotos duns visitantes moi ilustres que teño. Cando os vexo na "biblio" pasándoo tan ben cos libros, penso que só por iso todo o traballo paga a pena.
Aquí os tendes despois de que lles explicaramos o funcionamento das novas mochilas de empréstito.
- E que libro collo eu. Non me lembro de cal era o meu puntiño, o amarelo ou o azul...?
- Pois a min os que máis me gustan son os de piratas.
- A nós esta granxa divírtenos moito, moito...
Quedan prometidas máis fotos e algunha que outra sorpresiña.
Un saúdo, lémonos,
LEO
8 comentarios:
Que guapos estades lendo eses libros.Seguro que lendo eses libros tan bonitos cheos de debuxos o ides a pasar moi ben.
INMA
Noraboa por esa biblioteca tan bonita.Espero que sexades tod@s uns grans "leóns".
Saúdos
María dende Viveiro
Estades guapisimos todos lendo, e que con esta biblio tan bonita tendes moitisimos libros para elixir e poder aprender moito de eles
1 bico moi forte para todos
Antia
A biblio gustame moito está moy chula gracias os profesores e profesaras.
A biblio gustame moito está moy chula gracias os profesores e profesaras.
Noraboa Leo tes unha biblio chulisima.Veña animo!
Porque non todas as bibliotecas son iguais? Eu quero ir a biblio e ver a leo...co que me gusta ler a min...e co que me gustan os ratos...jeje... :)
julia dende...a miña casa¡¡
Tendes moitos libros para elexir escollede o que mais vos guste e...¡a ler!
Publicar un comentario