venres, 7 de maio de 2010

UN RECOÑECEMENTO AO SEU LABOR...

Todos sabemos que unha parte moi importante do traballo da biblioteca resólveno os voluntarios. Esta entrada no blogue quere ser un xusto recoñecemento a estes mozos e mozas que queren á biblioteca tanto coma min.

Nas seguintes imaxes poderedes velos en "acción": axudando aos máis cativos, ordenando, programando e "fichando".

Estamos moi orgullosos deles, polo ben que o fan, polo empeño e as gañas que lle poñen, pola constancia, pola preocupación, pola ilusión que transmiten...

_DSC1303
Penso que sairon todos na foto!
De esquerda a dereita: Noelia, Mónica, Bárbara, Antía, Maika, Alex, Aischa, Alex G., Gabriel, Alex J., Saúl, Abel e Fani.

_DSC1306
Na biblioteca nunca falta qué facer. Dende ordenar os andeis ata pasar a aspiradora.

_DSC1309
Aquí os tendes organizando unha actividade da que esperamos que pronto teñades novas.

_DSC1416
Unha das cousas máis gratificantes é axudar aos máis pequenos a se mergullar no apaixoante mundo dos libros.

_DSC1944
Que quede constancia de que hoxe traballei, eh!

Pois iso, que todos valoremos moito o traballo que moitas persoas fan en prol da lectura e o coñecemento, coma un rexemento de formiguiñas que pouco a pouco van sacando este inxente traballo a diante.

Eu tereino moi en conta sempre. Lémonos,

LEO

11 comentarios:

Anónimo dixo...

Ole, eses voluntarios!

Si señor, hai que lles recoñecer todo o traballo que desenvolven.

Noraboa rapaces!

Anónimo dixo...

Moi ben, rapaces. Estádelo facendo de fábula.

Anónimo dixo...

Bo pois aínda que nós traballemos,tamén temos que agradecervos aos mestres todo o traballo que facedes por nós e tamén quero que saibades que grazas a vós podemos gozar dunha biblioteca marbillosa e temos tamén ao noso amigo Leo. Bo, eu xa me despido un saúdo para todos

ANTÍA

Anónimo dixo...

Grazas a todos os profes e a Leo por facer esta maravillosa biblioteca.INMA

Anónimo dixo...

Moi ben,seguide traballando así de ben.Que me gusta moito!

Anónimo dixo...

Grazas aos voluntarios porque sempre que nos necesitamos axuda sempre estades aí para axudarnos a por exemplo cando non atopamos un libro ou queremos as nosas tarxetas.Un saúdo.

Anónimo dixo...

Agora non estan os nosos voluntarios porque marcharon a Barcelona,a pasar unha semana.Espero que o estean pasando ben.Ata logo

Anónimo dixo...

Gustoume moito as fotos do blog...
Espero qué poñedes moitas fotos maís :D

Anónimo dixo...

Gustoume todo estas fotos son moi boas grazas

Anónimo dixo...

grazas por facer esta paxina.Gustame moito, a biblioteca.

Sandra dixo...

Hola a todos.Dame moita pena que os nosos voluntarios marches do cole,fireron un bo traballo en todo o curso.Noraboa!un saúdo.