O día 23 de abril festexamos no cole o Día do Libro. Aquí vos deixo unhas fotiños da actividade que fixemos pola tarde.
Escribín unha carta ás familias para que lles axudaran aos seus cativos cunha tarefa ben fermosa. A nosa intención era intercambiar unha creación literaria por un libro. Chegáronnos poesías, contos, ilustracións, adiviñas, chistes... moitísimos nenos traballaron arreo, porque ninguén quería quedar sen o seu agasallo.
Os nenos de infantil foron dos máis participativos, e case ningún quedou coas mans valeiras. De seguro que todos tomaron nota para o vindeiro ano.
Saidou, de infantil, fixo un conto sobre as súas orixes.
Uxía amósanos o libro que escolleu a cambio do conto que escribiu: Unha tarde no parque.
Aglaia díxonos o título da súa historia: A miña cadela Pauli
Para rematar as nenas de 3º de primaria prepararon Alicia no país das marabillas.
Velaquí están as nosas contacontos, acompañadas de dous voluntarios que as axudan.
Quero felicitar a tódolos nenos e nenas, e ás súas familias, por traballar tanto. Coido tamén que os que se esqueceron tomen nota para o vindeiro ano, xa que de seguro que volveremos repetir esta actividade que tanto gustou.
Deixade o voso comentario aquí e... lémonos.
LEO
6 comentarios:
Gustoume moito o dia do libro porque nos contamos un conto.
Bravo rapazas
Foi unha experiencia unica poder preparar ese conto para despois contalo diante de todo o cole.Claro que estaba moi nerviosa porque normalmente solemos contar os contos diante de todo o cole.
A idea d intercambiar os libros por os nosos libros de adiviñas,chistes... e unha idea que me impresionou.Non sei de onde sacastedes esa idea pero está moi,moi chula.
me gusto la actuacion.
Gustoume moito o dia do libro gustoume ese dia porque estiberon os de Xesto pero xa e o ultimo dia deo cole. E os de xesto foronse. Que pena´ e que se ballan algunas profes ........un bico atodo los profes ....Loti....
Publicar un comentario