Despois de todo este tempo traballando na nova biblioteca, queremos que sexades dos primeiros en vela.
Velaí vos van unhas pouquiñas fotos que esperamos sexan do voso agrado.
Dentro duns días tentaremos de ir poñendo imaxes de todo o proceso, así como das distintas actividades que fomos realizando ao longo do ano.
Estes andeis recollen parte dos libros de literatura infantil dos que dispoñemos. Ao fondo podemos observar tamén, documentos de outras materias: xeneralidades, ciencias, historia...
Dispoñemos dun recanto para 4 ordenadores con conexión a internet. Os voluntarios da biblioteca son os encargados de organizar a súa utilización, e explicarlle as normas aos seus compañeiros. Un deles está conectado ao proxector de vídeo e emprégase a miúdo nas charlas que se acompañan de presentacións audiovisuais.
Aquí vos amosamos outra perspectiva da biblioteca. A verdade é que contar cun espazo amplo axuda moito á hora de levar a cabo as ideas que se nos van ocorrendo.
O recanto informal de lectura é, ademais do máis empregado, o favorito dos nenos e nenas de Educación Infantil.
Nesta foto podedes ver dende outro ángulo o recanto informal. Que non falten as lecturas favoritas dos nosos cativos!
Aquí estou eu. Os profes quixeron que tivera un retrato na parede da "biblio", para que cando ande de viaxe, non se esquezan de min. Saín ben favorecido, eh?
Para o cómic mercamos uns andeis ben chulos, con moitos debuxos e palabras escritas.
Os voluntarios teñen unha tarxeta identificativa persoalizada, e firman nun rexistro a súa colaboración. En algún momento haberá que comezar a ter responsabilidades, non si?
Esperamos que vos gustara esta visita virtual, pero xa sabedes que si nos queredes vir ver a A Lama seredes ben recibidos. Tamén estamos abertos a tódalas suxestións que nos queirades facer a través dos comentarios deste blogue.
Un saudiño. Lémonos...
Leo
9 comentarios:
Ala! Menuda biblioteca!
Menudo traballo de deseño e de organización. Está impresionante.
Teño que ir vela en directo.
Enhoraboa CEIP A Lama
Noraboa, a biblio está espléndida. Agora a traballar ben para fomentar a lectura e a darlle contidos ao blog. O traballo da biblio non remata nunca.¡Ánimo, que o estades a facer moi ben!
Parabéns polo traballo. Toda a vosa Comunidade Educativa ten que se sentir moi orgullosa do xa acadado.
Gustoume mioto que reformaran a biblioteca porque agora hai moitos mais libros.Ademais eu ceño todos os dias.Grazas
INMA
Na biblioteca hai unha serie de libros que me gustan moito que son os de Tea Stilton,xa os lin todos e o meu favorito e:Misterio en Paris.Ata logo
Gustame moito a nova biblioteca porque desta vez esta moi,moi bonita.Podense contar contos con marionetas,hai ordenadores e hai unha minibiblioteca para os pequenos.Dame moita pena que os que marchen do cole non a poidan desfrutar mais,porque é unha biblioteca maravillosa.
hola,que tal?querovos dicir que todo o que estamos facendo facemolo pola biblio,polos nenos pequenos,e por alguen en especial ¡LEO!.E o noso rato da biblioteca e axudanos moito para darlle forma, os profes tamen se ocupan da biblioteca.Son moi bos!
Un saúdo a Leo e a tods os profes.Na biblioteca hai moitas variedades de libros que estan xenial.Gustariame que os profes trouxeran para a biblioteca os libros de Geronimo Stiltón.O irmá de Tea Stiltón.É unha das miñas coleccions favoritas.
Que biblioteca tan bonita temos agora.Gustame moito mais ca antiga.Agora podense contar contos con marionetas.
Publicar un comentario