(Aínda que levamos un tempo caladiños, e a actualización do “Recanto de Leo” non foi posible do xeito que nos gusta, agardamos que agora entendades o por que…)
Un dos obxectivos que nos plantexabamos no noso Proxecto de Biblioteca Escolar, aló polo curso 2008/2009, era convertela nunha ferramenta indispensable para a adquisición das competencias básicas nos eidos lingüístico e de acceso e tratamento da información.
Xa avanzado o noso primeiro ano no PLAMBE, ocorréusenos que a Biblioteca podía contar cos medios técnicos precisos para desenvolver actividades nas que o noso alumnado tomara contacto cos fundamentos da chamada Alfabetización Mediática e Informacional.
E así comezamos a andaina, sen un rumbo estrito (pero si firme), probando e gozando da creación e tentando de sementar esa inquietude entre os nosos nenos.
A medida que as creacións gañaban en complexidade, comezamos a pensar que era o momento de que o Equipo de Biblioteca deseñara un novo espazo que permitira enfrontarse con moitos máis recursos a eses “novos retos”.
Pois ben… Xa o temos!
A maquinaria comezou a funcionar e os traballos se intensificaron despois deste Nadal. O que vos amosamos nas seguintes fotos é un anaco deste “Laboratorio da Comunicación” (por mor do concurso “Nós tamén creamos!” non podemos amosalo todo. Xa entendedes…).
| |
Agora toca gozar das posibilidades deste espazo e dos medios técnicos cos que o estamos dotando.
Un saúdo, lémonos,
LEO
3 comentarios:
Que pasada!!! eu quero traballar na Lama!!! ;-) bicossss
Anda Belén, quítachesme a frase da boca, jejejejejeje. Noraboa, paréceme un espazo alucinante.Increíble o que estades a desenvolver. Parabéns.
Un bo epazo, noraboa estou impresionado coa bosa labor , un saúdo
Publicar un comentario